A Mariña lánzanse á limpeza das súas praias grazas á colaboración cidadá

O Concello de Cervo convoca unha xornada de limpeza de praias para o sábado 12 que segue á realizada por Ribadeo coa colaboración de 100 escolares.


A Mariña lucense súmase ao movemento ecoloxista. Nestas primeiras semanas do mes de xuño, a comarca mariñá acolle diversos acto no coidado do medio ambiente que irán centrados á limpeza dalgunhas das praias da contorna. Tal será o obxectivo da xornada organziada polo Concello de Cervo a través da súa delegación de Medio Ambiente e alianza con SEO/BirdLife e Ecoembes.
A adscrición do concello de Cervo ao proxecto Libera suma así cinco anos consectuvivos que, desta vez, implicará a limpeza da Praia da Rueta. O Concello confía na colaboración cidadá para retirar “todos aqueles refullados” que “nunca deberon chegar” aos areais. A limpeza terá lugar o vindeiro sábado 12 de xuño ás 12 horas, implicando tamén unha recolecciónn de lixo na contorna do Río Xunto: todo para manter limpos estes espazos e recoller datos sobre as cantidades e tipos de entullos alí depositados.
LIMPEZA EN RIBADEO
A convocatoria desta limpeza chega pouco despois da xornada acollida polo Concello de Ribadeo e lanzada da man da Deputación de Lugo, que, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, procedeu á limpeza nas praias dos Bloques, Os Castros-Illas e o Camiño das Aceas. A recollida foi desenvolta da man dun centenar de alumnos dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Ribadeo. 

A Deputación de Lugo desenvolve esta actividade en colaboración con Adega e co concello ribadense, a campaña de sensibilización Coida os mares, coida a vida, que pretende poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal da Mariña para poder conservar e utilizar de maneira sostible os recursos mariños”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here