InicioOccidentalCervoCervo presume de areais

Cervo presume de areais

Na praia de Rueta instalouse unha pasarela de acceso ao Torno para persoas con mobilidade reducida

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo traballa estes días no acondicionamento dos distintos areais municipais de cara á inminente chegada da tempada estival.

Así, instalouse unha pasarela de madeira na Praia do Torno, para facilitar o acceso daquelas persoas con mobilidade reducida ao tempo que se adecuou a caseta que custodia todo o material de salvamento para uso dos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas neste areal, que volveu recibir a bandeira azul.

Nestes días tamén se está a reforzar o número de papeleiras nos accesos ás praias e se están a instalar diferentes paneis que recollen información sobre a calidade das augas dos areais –todas aptas para o baño- así como diferentes recomendacións a ter en conta no momento do baño, e ante a situación sanitaria que vivimos.

A tenente de alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, supervisaron os traballos que se están a realizar durante estas semanas –algúns deles xa rematados- como o acondicionamento e o asfaltado dos accesos á Praia de Rueta, tal e como constataron este mesmo mediodía, na súa visita á zona.

Caramés e Méndez animaron a toda a veciñanza e tamén ás persoas visitantes a que gocen destes espazos ao aire libre “sempre con responsabilidade, cumprindo a normativa sanitaria actual, e respectando o medio e a contorna”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...