InicioOccidentalCervoCervo presume xa de Bandeira Azul

Cervo presume xa de Bandeira Azul

O concello destaca que o “Sendero Azul” do Torno tamén conta con esta insignia e a Carpintería de Ribeira, de Paco Fra, é a única na provincia de Lugo que oi recoñecida por cuarto ano consecutivo como Centro Azul.

Publicada o

- Advertisement -

O edil de Turismo, David Rodríguez, recibiu este venres, da man do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a bandeira azul que un ano máis lucirá a Praia do Torno, de San Cibrao, no acto central que tivo lugar nas Illas Cíes.

Rodríguez lembrou que  o “Sendero Azul” do Torno tamén conta con esta insignia, por sexto ano consecutivo. Un carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde tamén para o noso Concello”.

Ademais  tamén quixo reiterar os parabéns a Paco Fra, porque a súa Carpintería de Ribeira, única na provincia de Lugo, foi recoñecida por cuarto ano consecutivo como Centro Azul “pola súa contribución á divulgación en materia medioambiental, realizando un traballo artesanal respectuoso coa contorna”.

“Estes recoñecementos -apuntou- veñen referendar o labor que levamos anos desenvolvendo para buscar a calidade dos nosos recursos naturais, o que supón unha importante inversión en infraestruturas, en saneamento e no coidado e mantemento destes espazos”, dixo.

Desde o Concello de Cervo pídenlle á cidadanía que goce dos diferentes areais que ten o municipio, pero sempre con responsabilidade, e seguindo as recomendacións de Sanidade e todas as medidas de prevención vixentes conta o COVID-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...