InicioOccidentalCervoA Valedora insta ao Concello de Cervo a planificar "con perspectiva de...

A Valedora insta ao Concello de Cervo a planificar “con perspectiva de xénero” as vindeiras Maruxainas

A valedora do Pobo chega á conclusión de que é "necesario" un "cambio de actitudes" e "garantir a seguridade de mulleres e nenas" nos pobos e cidades.

Publicada o

- Advertisement -

A valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, instou ao Concello de Cervo a que actúe con “perspectiva de xénero” na planificación das infraestruturas e servizos públicos a fin de evitar que se repitan as gravacións sen consentimento a 87 mulleres ocorridas mentres ouriñaban durante as festas da Maruxaina de 2019 en San Cibrao, que foron colgadas en webs pornográficas.

Así o traslada nun expediente de oficio aberto pola institución no que se analiza o informe presentado polo concello no que se especificaban as medidas tomadas nesas festas, así como as empresas contratadas –á vez que se admitía a posibilidade de “dotar de máis casetas sanitarias para futuros eventos“–.

Así, a valedora do Pobo chega á conclusión de que é “necesario” un “cambio de actitudes” e “garantir a seguridade de mulleres e nenas” nos pobos e cidades. Por esta razón, alude a unha localización e acceso aos aseos públicos que “necesariamente, ten que ser segura”.

Tamén lembra un informe elaborado pola Asociación de Festivais de Música en colaboración con Gabeiras e Asociados, iniciativa que foi parcialmente subvencionada pola Dirección Xeral de Industrias Culturais e o Ministerio de Cultura e Deporte, no que se asegura que “a cantidade de cabinas instaladas” en espectáculos públicos “van moi axustadas a unha normativa desenvolvida en 1982 e que está desactualizada”.

ARQUIVO DENUNCIAS

Todo isto ocorre tras o arquivo provisional dun xulgado de Viveiro das denuncias presentadas, que provocou o impulso de recursos por parte da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei) –que exerce de acusación popular–, así como de varias afectadas a título particular.

No texto presentado por Fernández Galiño, afírmase que a realidade que se contempla demostra que “aínda existe quen non repara, en moi gratuitamente, de maneira premeditada e indiscriminada, provocar a humillación” ás mulleres “só por selo”, cunha invasión da súa intimidade “evidente”.

Con todo, apela a non confundir “a responsabilidade de quen se comportou así” coa da administración, aínda que afirma que neses eventos “o problema pode darse, como se deu”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...