Os traballadores de Alcoa confía que a SEPI entrará “si ou si” na venda

Destacan que esa foi a promesa do Goberno central, e aseguran que seguirán mobilizándose "con acordo ou sen acordo".

José Antonio Zan, na celebración dos traballadores tras coñecer a sentenza do TSXG que lles dá a razón. CARLOS CASTRO/EP/GC

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, avanzou que “con acordo ou sen acordo” para a venda da planta os traballadores da factoría seguirán mobilizándose. Zan ofreceu declaracións aos medios na chaira da Praza de San Marcos, á beira da sede da Deputación de Lugo, onde este martes foi debatida unha moción para situarse a favor da intervención da planta mariñá.

O sindicalista lanzaba esta advertencia antes da reunión coa ministra de Industria, Reyes Maroto, que se celebrará na tarde deste martes por vía telemática. “Está claro que se non hai ningún tipo de acordo ou habendo acordo, mobilizacións imos facer. A diferenza vai ser en que forma van ser ou con que intensidade”, advertiu.

José Antonio Zan lembrou que a mobilización convocada para o domingo 27 de xuño foi finalmente suspendida “para ver o que di a ministra”. “Non tiña lóxica que fixésemos unha gran manifestación e dunha intensidade moi forte esperando unha reunión o martes”, xustificou, antes de incidir en que, en función do resultado do encontro “valorarase como vai ser a intensidade” de próximas mobilizacións.

En canto á entrada da SEPI na venda, Zan cre que “vai entrar si ou si, xa se pode poñer o goberno como queira”. “Foi ao que se comprometeu connosco o goberno e se por algún casual pensasen que non vai entrar (a SEPI) o que teñen que facer é buscar a solución. O que non pode ser é que ao final da partida decidan tirar a baralla ao lixo e non pór ningunha solución para seguir xogando”, aseverou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here