Traballadores dunha subcontrata de Alcoa ameazan con folgas e protestas se non se mantén o mesmo convenio

Os representantes dos traballadores de Dominiom piden que a empresa respecte o preacordo de convenio único.

Traballadores de Alcoa e auxiliares, nun acto de protesta. AXM

Os traballadores de Dominion, empresa subcontrata adxudicataria do contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión na factoría de Alcoa San Cibrao, protestan porque a empresa rompeu o acordo de manter un mesmo convenio para os traballadores. 

O pasado luns día 12 de xullo, a empresa e os representantes revisaron o preacordo obtido a través das diferentes reunións. Os representantes dos traballadores atopáronse coa sorpresa de que a empresa non respectou o artigo 2 do convenio, no que se establece que todos os traballadores e novas contratacións terán o mesmo convenio, pasando a ter dous dentro do mesmo cadro de persoal, un convenio propio subrogado da anterior empresa e o convenio provincial do metal.

Ante esta situación, representantes de CCOO, CIG e UGT convocaron unha asemblea cos traballadores na que se decidiu por unanimidade levar a cabo medidas de presión e parar a realización de horas extraordinarias. Dende o comité da empresa non se descartan as protestas ou folgas se a dirección de Dominion non rectifica a súa decisión. Ademais, os representantes piden o apoio do resto de traballadores das subcontratas e de Alcoa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here