InicioOccidentalCervoOrientación e deporte nas Noites Alternativas en San Ciprián

Orientación e deporte nas Noites Alternativas en San Ciprián

A axenda ofrece en San Ciprián actividades de orientación e deportes de aventura durante as noites do 27 e 28 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo aposta durante os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas, unha axenda de actividades nocturnas que se celebran en Cervo e San Ciprián a partir ds 21.00 horas. Maxia, teatro, deportes, rutas de sendeirismo… son algunhas das actividades que oferta o concello durante os meses de xullo e agosto dentro do seu programa Noites Alternativas.

Este martes, 27 de xullo, pola noite, a oferta desprázase a San Ciprián, que ofrecerá unha actividade de orientación nocturna para todos os públicos. Ademais, a noite do mércores 28 será a quenda dos deportes de aventura.

Na pasada xornada, 26 de xullo, a Praza do Souto de Cervo o espectáculo circense Islaletriska foi un reclamo para un numeroso público, que se achegou ao lugar para gozar do espectáculo, cumprindo aforos, medidas de protección e distancia de seguridade.

Nun comunicado, o Concello destaca “o amplo abano de posibilidades pensadas para todos os públicos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...