InicioOccidentalCervoO TS debaterá en outubro se Alcoa obrou de mala fe ao...

O TS debaterá en outubro se Alcoa obrou de mala fe ao despedir 500 traballadores

O TSXG fixo caer a medida, pero a empresa recorreu a instancias superiores.

Publicada o

- Advertisement -

O Tribunal Supremo convocou para o próximo 20 de outubro aos maxistrados da sala do social para debater sobre o recurso que interpuxo Alcoa contra a anulación do expediente de regulación de emprego (ERE) para máis de 500 traballadores que pretendía aplicar na fábrica de Cervo (Lugo). Nunha providencia deste martes, a sala acorda fixar dita data “dadas as características da cuestión xurídica exposta e a súa transcendencia”.

Indica, en concreto, que procede o seu debate pola sala en Pleno, de acordo co disposto no artigo 197 da Lei de Orgánica do Poder Xudicial. A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou nulo o ERE de Alcoa ao apreciar “mala fe” nas negociacións por parte da empresa, cuxo “fin único e primordial” era “apagar as cubas e pechar a fábrica da maneira máis rendible posible”.

O TSXG condenou así á empresa a reincorporar os empregados afectados ao seu posto de traballo –aínda que o ERE non se executou e por tanto ningún empregado recibira a carta de despedimento–. En todo caso, o alto tribunal acolleu a demanda dos sindicatos CC.OO., CIG e UGT fronte ao despedimento colectivo presentado pola multinacional do aluminio.

A sala apreciou “mala fe” nas negociacións por parte da empresa ao asegurar que a súa posición sobre os despedimentos e as súas compensacións “non variou nada” desde a súa proposta inicial. Concluíron os maxistrados que a intención da compañía era “paralizar as cubas electrolíticas da fábrica para o seu posterior peche” e entenderon que coa oferta do ERE que realizou ao comité pretendía “vestir o mesmo, pero dunha maneira diferente”.

Así, destacaron que ese ERE “non privaría á empresa da posibilidade de extinguir os contratos de traballo unha vez terminada a súa vixencia”. Os xuíces consideraron “sumamente significativo” o número de traballadores afectados polos despedimentos, posto que a súa porcentaxe “aproxímase, sen superalo, a aquel que, segundo as normas regulatorias, lle permite á empresa consolidar as axudas recibidas das administracións públicas sen ter que devolvelas e, á vez, sen impedirlle o peche das cubas”.

O RECURSO

En decembro do ano pasado, Alcoa iniciou o procedemento para recorrer ao Tribunal Supremo a sentenza, coa esperanza de que a sala conclúa que actuou “de boa fe” durante o período de consultas cos representantes dos traballadores. “Levámolo a cabo de maneira xusta e conforme cos requisitos legais”, asegurou.

Neste sentido, defende que a decisión do ERE tomouse “tras un longo período de consultas acerca dos importantes e permanentes problemas estruturais que fan que a planta de aluminio de San Cibrao non sexa competitiva”.

AS NEGOCIACIÓNS DA VENDA

Neste contexto é no que se volveron a activar, a comezos deste ano, as negociacións para a venda da factoría, con conversacións entre a multinacional, os gobernos autonómico e central e varias empresas interesadas.

A venda directa a un terceiro (como desexa o Executivo central) ou o feito de que sexa a SEPI (sociedade estatal de participacións industriais) a que actúe como intermediaria da operación é a clave no bloqueo deste proceso, que se prolonga durante meses no tempo e cuxo último fito foi a reunión entre a ministra de Industria, Reyes Maroto, e o presidente de Alcoa, Roy Harvey, durante este mes de xullo en Pittsburgh.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...