InicioOccidentalCervoConde visita Cervo para anunciar axudas de240.000 euros para o polígono de...

Conde visita Cervo para anunciar axudas de240.000 euros para o polígono de Cuiña

Servirán para a construción de beirarrúas na marxe dereita da vía de acceso principal ao polígono.

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, visitou este xoves en Cervo o polígono de Cuiña, ao que o Goberno galego apoia con varias liñas de axudas para as empresas e emprendedores e en busca da captación de novos investimentos.

A Administración, segundo informa a consellería, achega 240.000 euros –case o 76%– dos 317.000 euros que vai investir este ano o Concello para a construción de beirarrúas na marxe dereita da vía de acceso principal, con canalizacións para soterrar nun futuro a rede de iluminación pública e o saneamento.

Este investimento tamén prevé a instalación dunha cuberta para tarefas de clasificación e separación de residuos do mencionado polígono. En total, desde 2009, as axudas autonómicas concedidas a Cervo suman, segundo a Xunta, máis de 831.000 euros e supuxeron mobilizar máis de 1 millón de euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...