InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo avisa ante a Maruxaina: "Hai que ser responsables"

O Concello de Cervo avisa ante a Maruxaina: “Hai que ser responsables”

Lembra que xustamente este sábado o municipio baixaría a nivel medio-baixo de restricións.

Publicada o

- Advertisement -

Esta fin de semana, 13 e 14 de agosto, era a data na que tradicionalmente se celebraba a Festa da Maruxaina en San Cibrao. E aínda que os actos oficiais están suspendidos, o Concello de Cervo fai un especial chamamento á responsabilidade durante a fin de semana.

“Sabemos que é un evento moi agardado por todos, verán tras verán, do que levamos dous anos sen poder desfrutar, a consecuencia da situación sanitaria”, indica nun comunicado. Con todo, pide responsabilidade, “porque de todos/as depende non dar pasos cara atrás nesta situación que prexudica á colectividade”.

Á espera da publicación da nova orde no DOG, o Concello de Cervo baixaría este sábado ao nivel medio-baixo de restricións, o que indica claramente que a incidencia acumulada mellora grazas ao esforzo conxunto; “polo que é fundamental, polo ben de toda a cidadanía, que sigamos durante estas próximas xornadas, e tal e como vimos facendo todos ata agora, as recomendacións sanitarias, en materia de uso de máscaras, de aforos, de horarios, de distancia social…, tanto nas zonas públicas, como nos establecementos comerciais e na hostalería local”.

Se respectamos as recomendacións das autoridades sanitarias entre todos conseguiremos recuperar a normalidade máis pronto que tarde para poder volver desfrutar da Festa da Maruxaina, como acostumabamos antes da pandemia; algo que todos estamos desexando.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...