InicioOccidentalCervoO executivo de Cervo reúnese cos gandeiros do concello entorno a cuestión...

O executivo de Cervo reúnese cos gandeiros do concello entorno a cuestión do lobo

Asinouse un documento apoiando os puntos aprobados no pleno do pasado 30 de setembro onde insta ao Goberno central a anular a Orde Ministerial que cataloga o lobo como especie non cinexética

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo apoia aos seus veciños gandeiros á hora de “reclamar unha solución para a problemática do lobo, que día a día vai medrando, e ameaza o sustento económico de moitos deles”.

No día de onte o alcalde Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores Caramés e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, mantiveron unha reunión cunha trintena de gandeiros e gandeiras do Concello de Cervo para abordar a gravidade da situación e avaliar as diferentes formas de proceder.

No transcurso do encontro, solicitado polos propios gandeiros, moitos deles expresaron a súa preocupación pola proximidade do lobo e as consecuencias que xa se están a producir matando reses ás portas das súas casas.

Reclaman algunha solución para poder controlar este cánido, posto que está a poñer en perigo o seu modo de vida e, en moitos casos, fai que os veciños e veciñas non se estean seguros nas súas casas.

Comenta o Alcalde Alfonso Villares que “foron os propios veciños gandeiros os que solicitaron esta reunión porque ven que os lobos están matando o seu gando na porta da súa casa e non poden facer nada”. Engade que “ninguén quere matar ao lobo, pero é de capital importancia encontrar unha solución xa para que non se poña en perigo o medio de vida de tanta xente e poidan, ademais, traballar sen o medo que supoñen estes ataques, que cada día que pasa van a máis. E xa non só estamos a falar da perda do medio económico principal de vida destas persoas, se non tamén do prexuízo emocional que supón a morte destes animais que son criados e coidados co esforzo, o cariño e o sacrificio dos gandeiros ”.

Ao finalizar a reunión os asistentes asinaron un documento no que apoian os acordos que se aprobaron no pleno do pasado xoves 30 de setembro nos que o Concello de Cervo insta a que se anule a Orde Ministerial pola que se inclúe ao lobo no listado Lespre, pola que se eleva o nivel de protección do lobo, catalogándoo como especie non cinexética.

Todos os veciños e veciñas que queiran sumarse a esta iniciativa poden ir ao Concello e asinar este documento que reivindica as reclamacións dos gandeiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...