InicioOccidentalCervoNova edición do Taller de Memoria en Cervo para o mes de...

Nova edición do Taller de Memoria en Cervo para o mes de novembro

Será preciso un mínimo de 6 alumnos ou alumnas para a celebración do taller en cada parroquia. Debido ás condicións sanitarias as sesións levaranse a cabo unha vez por semana. Pódense apuntar a través do teléfono 982 59 51 57 ou na Casa da Cultura de San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia – a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña.

Ao longo deste curso trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores. O alcalde declarou que desta maneira se está tentando ofrecer todas as ferramentas necesarias para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan a memoria. Isto axudará ao seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociai e “en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Para ser impartidas, as clases deberán ter un mínimo de seis alumnos ou alumnas. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia, as sesións estarán limitadas a unha por grupo á semana. Os interesados e interesadas pódense apuntar na Casa da Cultura de San Cibrao ou no número de teléfono 982 59 51 57.

Villares e Pilar Armada, delegada de Servicios Sociais, animan a todos eses veciños que aínda non participan no taller de memoria a que se sumen á actividade que é moi positiva en todos os aspectos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...