InicioOccidentalCervoFeijóo reunirase este luns co Goberno central para abordar a situación de...

Feijóo reunirase este luns co Goberno central para abordar a situación de Alcoa e Vestas

A reunión terá lugar en Madrid e nela instará ao Executivo a "reconsiderar" a modificación da reforma laboral.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase en Madrid este luns coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. O encontro, que o presidente galego ratificou esta semana, terá lugar no Ministerio. Feijóo avanzou que na reunión trasladará a súa preocupación tanto polo desabastecemento de subministracións como polo incremento do prezo da enerxía e o seu impacto para familias e empresas.

No foco estará, en concreto, o problema das empresas electrointensivas, así como a situación de Alcoa en San Cibrao e de Vestas, industrias craves para a comarca da Mariña de Lugo.

Sobre a mesa estarán tamén, segundo dixo, algúns dos puntos incluídos na carta que o presidente galego enviou esta mesma semana ao seu homólogo estatal, Pedro Sánchez, a quen instou a “reconsiderar” algunhas algunhas das decisións económicas adoptadas ou anunciadas para os próximos meses que poden, ao seu modo de ver, “agravar aínda máis” unha situación marcada pola alza dos prezos.

En concreto, Feijóo manifestou que se debería “aprazar o incremento xeneralizado da presión fiscal ou a modificación da reforma laboral (aprobada no seu día polo PP), improvisada e de forma inmediata”, convencido de que dar este paso “incrementará aínda máis as dificultades de obter un emprego” en España.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...