Cervo só abrirá servizos esenciais para o día da folga xeral o vindeiro 17 de novembro

Apunta o rexedor, Alfonso Villares: “desde o equipo de goberno do Concello de Cervo acordamos decretar o peche dos servizos municipais non básicos”.

Consistorio de Cervo. AXM

O Concello de Cervo pecha as súas instalacións debido á folga xeral convocada na Mariña o vindeiro 17 de novembro.

Como mostra de apoio, decidiuse pechar todos os servizos municipais, agás aqueles que son considerados de carácter básico, que son os seguintes:

Rexistro

Policía Local

Servizo de emerxencias (GES)

Servizo de axuda no fogar

Recollida de lixo e mantemento

Apunta o rexedor, Alfonso Villares: “desde o equipo de goberno do Concello de Cervo acordamos decretar o peche dos servizos municipais non básicos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here