InicioOccidentalCervoAna Pontón volve pedir a intervención de Alcoa para evitar o peche

Ana Pontón volve pedir a intervención de Alcoa para evitar o peche

Asegura que a compañía "non é de fiar".

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, teme unha “nova argucia” da dirección de Alcoa, xa que “non é de fiar”, polo que insiste en que “a única garantía” para manter a fábrica de aluminio primario de San Cibrao “é que haxa unha intervención pública na que deben traballar man a man a Xunta e o Goberno do Estado”.

En declaracións aos medios este martes en Santiago, remarca que o “plan” que ten Alcoa para a fábrica de San Cibrao “é o peche“. “Se non lograron polo en marcha foi grazas á mobilización social e á presión que se fixo desde os tribunais que paralizaron ese ERE”, sostén. “Moito nos tememos que estamos ante unha nova argucia da dirección de Alcoa, que o que quere é dilatar no tempo o peche”, afirma, pois ese é o seu “obxectivo”.

Respecto diso, apunta que “a pregunta, neste momento, é onde está o señor Feijóo para defender os miles de postos de traballo” que están en xogo na industria galega. “Non podemos permitir que o que xa pasou en Alcoa na Coruña se repita agora en Alcoa San Cibrao, temos que aprender das experiencias negativas, e esa dirección de Alcoa non é de fiar”, razoa. Así, advirte de que se podería “estar ante un Alu Ibérica 2”.

Alcoa trasladou ao comité de empresa de San Cibrao, en Cervo, unha proposta de acordo que prevé paradas temporais da actividade da planta a cambio “dun permiso retribuído” aos traballadores afectados e o compromiso de “non iniciar ningún despedimento colectivo por un período de catro anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...