InicioOccidentalCervoTomé insta a Alcoa a "mover ficha": "a empresa creou o problema"

Tomé insta a Alcoa a “mover ficha”: “a empresa creou o problema”

Asegura ver disposición de diálogo no Goberno central para dar unha saída á crise que manteña os postos de traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considera que a multinacional americana do aluminio Alcoa debe “mover ficha” respecto da planta de San Cibrao, en Cervo, xa que, ao seu xuízo, é a compañía quen “creou o problema e ela te que axudar a resolvelo”.

En declaracións aos medios este martes, o mandatario provincial incidiu en que a postura da deputación ante o problema da factoría de aluminio da Mariña é a “mesma desde o principio”. “Alcoa ten que mover ficha, ela creou o problema e ela ten que axudar a resolvelo. Polas noticias que nós temos, o Goberno de España está disposto (a buscar unha saída) desde sempre”, apuntou.

Con todo, apuntou que “unha cousa é estar disposto” e outra cousa “facer o que di Alcoa, que son cousas moi diferentes”. “Agora mesmo vese obrigada a moverse (a multinacional) porque non se saíu coa súa, tal e como pretendía”, aseverou Tomei. Segundo o mandatario socialista, o Goberno de España “está moi interesado nunha solución positiva para manter os postos de traballo e a empresa, baixo o nome que sexa e a figura xurídica que sexa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...