InicioOccidentalCervoII Mercado de Nadal no Complexio Histórico de Sargadelos en Cervo

II Mercado de Nadal no Complexio Histórico de Sargadelos en Cervo

Apunta a concelleira de cultura, Dolores García Caramés: “con este evento conseguimos promover a actividade no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, e máis nunhas datas tan especiais como as navideñas”.

Publicada o

- Advertisement -

A Sala de Exposicións do Complexo Histórico e Artístico de Sargadelos acolle este sábado 18 de decembro a segunda edición do Mercado de Nadal. No mediodía de hoxe a concelleira de cultura, Dolores García, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a xerente de Marmeladas A Morena, un dos locais organizadores xunto con Serea Surfboards e Pasiños na Lúa, presentaron o programa de actividades para este sábado.

O mercado, organizado polos tres negocios artesáns afincados no conxunto histórico, conta coa colaboración do Concello de Cervo, o Bar Figueirido, o Ultramarinos A Campanilla, O Caseto de Copa e a Pousada O Almacén.

A xornada contará con diferentes actuacións culturais que comezan, ás 11:30H, coa percusión africana de Mapato. Ás 12:15H será a quenda para a contacontos Olga Abad e ás 13:15H Verónica Cambón ofrecerá un concerto para todos os asistentes.

Xa pola tarde, Mapato volverá a mostrar as súas dotes coa percusión africana ás 16:00H; ás 17:00H o mago Jorge maravillará a todos os presentes cos seus trucos e ás 17:30H Fol do Raxal pechará o programa de actuacións co seu repertorio de música tradicional. Como remate final, ás 19H haberá un sorteo de agasallos entre todos os presentes no mercado de nadal.

Apunta a concelleira de cultura, Dolores García Caramés: “con este evento conseguimos promover a actividade no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, e máis nunhas datas tan especiais como as navideñas”. “Desde o Concello de Cervo animamos, tanto á veciñanza como aos visitantes, a gozar dunha xornada navideña do máis especial este próximo sábado en Sargadelos” engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...