InicioOccidentalCervoCervo renova a rede de saneamento na Ponte de Lieiro

Cervo renova a rede de saneamento na Ponte de Lieiro

O orzamento da obra ascende a un total de 47.651 euros. Substituirase a rede de saneamento actual e renovaranse os tramos de pavimento afectados pola actuación.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a concelleira de medio ambiente, Mali Méndez, desprazáronse ata a zona de actuación para supervisar as labores de reposición.

A obra pretende substituir a actual rede de saneamento, que é unha infraestrutura onde non se diferencian as augas residuais e pluviais, por unha que diferencie as canalizacións. Deste xeito evitarase que as augas pluviais discorran tamén ata a depuradora, reducindo os custos e favorecendo notablemente o rendemento da mesma. Ademais, renovaranse os tramos de pavimento afectados pola obra.

O orzamento desta actuación ascende a 47.651 euros, financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais.

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “decidimos tomar a decisión de renovar a rede de canalizacións de saneamento da ponte de Lieiro, xunto cos técnicos municipais, porque que nos vai permitir establecer un novo equipamento que logre diferenciar o tipo de augas, conseguindo unha maior eficiencia de recursos e reducindo os custos totais de xeito notable”.

Engade o alcalde que “esta actuación dará un ofrecerá unha mellora substancial na calidade de vida da nosa veciñanza e permitirá renovar unha infraestrutura indispensable no día a día”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...