Quedan catro días para participar no pedido de árbores froiteiras en Cervo

Trátase dun pedido común que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente.


O Concello de Cervo lembra á veciñanza que o próximo venres 21 de xaneiro remata o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras, que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente dirixida por Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos están a disposición das persoas interesadas ata este venres, no Rexistro do Concello de Cervo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here