Historia e patrimonio, as claves de Cervo para promocionarse en Fitur

No día de hoxe, o alcalde, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García, participaron nos actos centrais, entre os que se incluía a presentación do Plan de Sostenibilidad Turística en a Mariña Lucense 2022-2024.


O Concello de Cervo está presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se está a celebrar en Madrid desde o 19 ao 23 de xaneiro. A delegación do Concello de Cervo está composta polo alcalde, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés.

Nesta nova edición preténdese incidir na posta en valor dun lugar emblemático do Concello de Cervo, como é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. A zona, que ademais de atesorar un incalculable patrimonio histórico, paisaxístico e cultural, ven de converterse nun centro de emprendemento artesanal, que na actualidade conta con sete proxectos de diferentes sectores.

No día de hoxe, o alcalde e a tenente alcalde participaron nos actos centrais, entre os que se incluía a presentación do Plan de Sostenibilidad Turística en a Mariña Lucense 2022-2024.

Tal e como apuntou Villares, “dende o Concello estamos a facer unha aposta decidida para que Sargadelos sexa ese lugar de visita obrigada; non só no periodo estival, senón ao longo de todo o ano, e o noso papel aquí pasa por difundir os múltiples atractivos patrimoniais e culturais que garda”.

“Este tipo de feiras promocionais son a mellor vía para dar a coñecer o moito que ten que amosar Cervo no eido turístico, tanto a turoperadores coma aos posibles visitantes interesados en achegarse ata o noso concello” salientou o rexedor.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here