O comité de Alcoa reúnese co novo director para relanzar a factoría

Piden executar "canto antes" os investimentos e proxectos "comprometidos"


O comité de empresa de Alcoa San Cibrao reuniuse este mércores co novo director da fábrica da Mariña, Manuel Fernández, para apremar á execución “canto antes” de investimentos e proxectos “comprometidos”. Nun comunicado, o comité sinala que se deu a benvida ao director, á vez que se trasladou a intención de “colaborar” coa nova xerencia da planta para velar polo cumprimento do acordo tras a parada das cubas ata 2024.

Así, os traballadores apelan a buscar que a fábrica de San Cibrao “volva ser un referente como empresa entre o resto das plantas de aluminio primario de Alcoa”. Por tal motivo, o comité pediu unha nova reunión interna de seguimento, así como “o compromiso de seguir traballando para recuperar a confianza en Alcoa” a través de “accións”. Tamén demandan dar solución aos problemas laborais do persoal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here