InicioOccidentalCervoCervo fai pública a lista de premiados no desfile de Entroido de...

Cervo fai pública a lista de premiados no desfile de Entroido de San Cibrao e valora positivamente as festas

Debido ás inclemencias do tempo, o desfile tivo que atrasarse, pero finalmente puido saír polas rúas da vila.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo valora moi positivamente a celebración do Entroido, tanto en Cervo como en San Cibrao. Tanto as actividades infantís como os desfiles de entroido celebradas no municipio tiveron unha gran acollida. En Cervo o número de disfraces que concursaban chegou ata os 80, mentres que en San Cibrao esta cifra elevouse ata superar os 180.

O alcalde Alfonso Villares celebra o éxito deste Entroido “xa que vimos dunhas datas complexas pola pandemia, na que moitos dos disfraces e as comparsas se tiveron que facer a última hora, debido a esa incerteza derivada da sexta vaga de contaxios do coronavirus”.

O rexedor quere “en primeiro lugar, agradecer á asociación Airiños do Xunco a súa implicación á hora de organizar o Desfile de Cervo, e en segundo lugar, felicitar a todos os participantes que encheron de alegría e cor as rúas cervenses durante estes catro días”.

Por último o apunta que “desde o noso equipo de goberno sempre plantexamos un plan alternativo coa colocación das carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos, por días como onte, no que tivemos que agardar dentro da carpa de San Ciprián ata que as inclemencias do tempo nos permitiron realizar o desfile polas rúas”.

PREMIADOS DESFILE ENTROIDO

O Concello de Cervo deu a coñecer a lista de premiados do desfile de Entroido de San Cibrao. Debido ás inclemencias do tempo, o desfile tivo que atrasarse, pero finalmente puido saír polas rúas da vila.

Desfilaron máis de 180 participantes e os premios foron repartidos da seguinte maneira:

Gañadores:

Individual infantil:

1 Bajo el Mar

2 Estrella Cascabel

Parellas infantil:

1 A costureira e o sastrecillo

2 Os axudantes de Roberto o Barrendero

Grupos infantil:

1 Las arañas venenosas

2 The animals

Grupos xuvenil:

1 Las ladronas en acción remix

Grupos adultos:

1 Os aqueloutros

Comparsa infantil:

1 Sen tempo non era

2 Unha de heroes e villáns

Comparsa adultos:

1 Eche o que hai no vaticano

2 Habelas hainas

3 Sin Xeito

Premios especiais:

O que máis anima infantil: Sen tempo non era

O que máis anima adulto:

Eche o que hai

Comparsa máis orixinal:

Los picapiedra

Parella infantil máis graciosa:

As mofetudas

Parella infantil máis orixinal:

Monoloncio y Peponcio

Premio infantil individual máis gracioso:

Pinocho

Premio individual infantil máis orixinal:

Arlequín

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...