InicioOccidentalCervoCervo agasalla ás súas traballadoras municipais en conmemoración do 8M

Cervo agasalla ás súas traballadoras municipais en conmemoración do 8M

Con este agasallo, preténdese facer un pequeno recoñecemento á gran labor que as mulleres que traballan na administración local desempeñan no seu día a día.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo conmemora este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, regalándolle a todas as traballadoras municipais unhas bolsas pintadas a man polas usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Mariña.

Con este agasallo, preténdese facer un pequeno recoñecemento á gran labor que as mulleres que traballan na administración local desempeñan no seu día a día.

Ao longo da xornada de hoxe entregáronselles estas bolsas ás 55 traballadoras que forman parte do plantel municipal, polos diferentes departamentos do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...