InicioEconomíaA planta de alúmina de Alcoa bate marcas de produción no que...

A planta de alúmina de Alcoa bate marcas de produción no que vai de 2022

A planta alcanzou en febreiro unha produción superior nun 14% á media mensual.

Publicada o

- Advertisement -

A refinaría de alúmina de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, logrou dúas marcas de produción consecutivos en xaneiro e febreiro de 2022 desde que iniciou operacións en 1980. “Este é un logro especialmente relevante se se ten en conta que a planta recuperou completamente o seu nivel de produción, de maneira segura, rápida e sen problemas, despois de operar a baixo nivel nos últimos meses de 2021”, sostén a compañía nun comunicado.

A planta de alúmina alcanzou en febreiro unha produción superior nun 14% á media mensual, equivalente ás 1.500.000 toneladas/ano de capacidade de produción nominal desta refinaría. Alcoa indica que estes “excelentes” resultados foron posible grazas ao traballo previo de preparación da planta de alúmina, que involucrou aos equipos de todas as áreas de operación, mantemento e procesos, así como “ao compromiso e profesionalidade dos empregados”.

A alúmina producida na refinaría de San Cibrao serve a plantas de aluminio primario de Alcoa e doutros produtores, así como a clientes externos para aplicacións non metalúrxicas, como a industria cerámica e química, incluída a purificación de auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...