InicioOccidentalCervoTeatro en inglés para os alumnos de primaria en Cervo coa obra...

Teatro en inglés para os alumnos de primaria en Cervo coa obra ‘Robin Hood’

A compañía madrileña Face 2 Face, interpretou unha adaptación do clásico inglés na que os nenos e nenas participaron de xeito interactivo. Asistiron os alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz.

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de Cultura e Educación do Concello de Cervo organizou na mañá de hoxe, no auditorio da Casa da Cultura, a representación da obra de teatro en inglés “Robin Hood” para o alumnado dos dous colexios de educación primaria do municipio.

Á función asistiron os alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz. O Concello de Cervo facilitou o transporte do CEIP de Cervo para o seu desprazamento á actividade.

Esta obra, que foi interpretada polos membros da compañía de teatro madrileña Face 2 Face, é unha adaptación do clásico inglés, que serve como elemento didáctico alternativo ás clases lectivas. Durante a sesión os nenos e nenas participaron na obra de xeito interactivo, practicando o vocabulario e a pronunciación.

Segundo a concelleira de educación, Dolores García Caramés, “este tipo de actividades serven como elementos dinamizadores e complementarios ás clases diarias que imparten os profesores”.

“Trátase dunha oportunidade para que os mozos e mozas podan aprender inglés mediante unha obra de teatro, que foi divertida, amena e, sobre todo, instructiva” engadiu a delegada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...