InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo non está de acordo coa actuación da Deputación...

O Concello de Cervo non está de acordo coa actuación da Deputación de Lugo na ponte da Obriga

A institución provincial considerou que a mellor solución posible para esta ponte – repetimos, protexida por Patrimonio - era a de colocar un quitamedos convencional ao longo de toda a súa lonxitude, evitando así volver a devolver o muro da ponte ao seu estado orixinal.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo non considera acertada a actuación que a Deputación de Lugo realizou á hora de reparar a Ponte da Obriga, en Sargadelos.

A ponte atopábase en mal estado despois de que varias pedras que formaban o seu muro caeran ao río, provocando situacións de perigo para os visitantes da zona.

A institución provincial considerou que a mellor solución posible para esta ponte – repetimos, protexida por Patrimonio – era a de colocar un quitamedos convencional ao longo de toda a súa lonxitude, evitando así volver a devolver o muro da ponte ao seu estado orixinal.

Para o alcalde Alfonso Villares “esta actuación por parte da Deputación Provincial de Lugo non se adecúa ao patrimonio natural e histórico dunha zona tan especial do noso municipio como é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, que ademais se trata de un Ben de Interese Cultural”.

Desde o Concello de Cervo queremos preguntarlle á administración provincial se, en primeiro lugar, pediron permiso a Patrimonio para realizar esta intervención e, en segundo lugar, se deron conta a dito organismo da actuación que levaron a cabo” inquiriu o rexedor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...