InicioOccidentalCervoObradoiro en Cervo sobre a importancia da muller dentro da historia familiar

Obradoiro en Cervo sobre a importancia da muller dentro da historia familiar

“As mulleres que nos constrúen” leva como título este taller de Tarabela Creativa, dirixido ao alumnado de primaria.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.

“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.

Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade. O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.

As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos de primaria. Un collage, distintas técnicas de narración oral e a creación dun relato sobre a historia das mulleres na familia son varias dos exercicios que os nenos e nenas levarán a cabo ao longo destas xornadas.

Este obradoiro está incluído no programa de actividades celebradas en conmemoración do Día da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...