O Concello de Cervo acomete melloras de acondicionamento no camiño rural a Carcova

O alcalde, Alfonso Villares, sinala que “esta actuación vai mellorar a a accesibilidade no camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, favorecendo o paso para os veciños e veciñas ás parcelas situadas na súa contorna”.


O Concello de Cervo pretende mellorar e acondicionar o camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, na parroquia de Rúa.

O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona onde se proxecta a actuación xunto co pedáneo desta parroquia para informar dos seguintes pasos que se van dar.

O proxecto contempla a reparación da capa de rodadura do camiño coa fin de facilitar a accesibilidade ás parcelas establecidas nesa zona. Realizarase – tamén – a apertura de cunetas para favorecer a drenaxe e a evacuación das augas pluviais do camiño, farase unha limpeza manual dos canos existentes e, por último, executaranse uns pasos de salva para dar acceso ás parcelas ás que da acceso o camiño.

O orzamento desta execución elévase ata os 47.742 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.

Apunta o alcalde, Alfonso Villares que “esta actuación vai mellorar a a accesibilidade no camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, favorecendo o paso para os veciños e veciñas ás parcelas situadas na súa contorna”.

“Con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas nesta zona, mellorando as dotacións públicas nesta zona rural do noso municipio” engadiu o rexedor.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here