InicioOccidentalCervoO alcalde de Cervo felicita ao C.D. San Cibrao pola súa volta...

O alcalde de Cervo felicita ao C.D. San Cibrao pola súa volta á Primeira Autonómica

Unha felicitación que tamén quere compartir coa S.D. Candelaria "que firmou tamén unha temporada magnífica manténdonse con opcións ata o último día" e que tamén fixo este domingo os deberes, impoñéndose na Granda ao Meira.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, quixo darlle os parabéns ao C.D. San Cibrao e a toda a afección por lograr este domingo a súa volta á Primeira Autonómica, logo de vencer na casa ao Muimenta por 3-0.

Unha felicitación que tamén quere compartir coa S.D. Candelaria “que firmou tamén unha temporada magnífica manténdonse con opcións ata o último día” e que tamén fixo este domingo os deberes, impoñéndose na Granda ao Meira.

Tal e como declarou o alcalde “é todo un orgullo para Cervo contar con dous clubs como o San Ciprián e o Candelaria que nos fixeron desfrutar dun domingo de vértigo, grazas tamén ao respaldo das dúas afeccións que os levaron en volandas cara ao triunfo e ao traballo de todo o equipo que está detrás que fan un labor impagable“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...