InicioOccidentalCervoCervo destina medio millón de euros para a primeira fase de acondicionamento...

Cervo destina medio millón de euros para a primeira fase de acondicionamento da zona da Atalaia

A praia do Torno en San Cibrao recibiu o distintivo de Bandeira Azul pola calidade das súas augas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo destinará máis de medio millón de euros -536.704,58 euros concretamente- na primeira fase de acondicionamento e rehabilitación da zona da Atalaia, en San Cibrao.

Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, a actuación prevista comprende o derrube do edificio sen habitar que o Concello logrou adquirir tras un proceso longo de negociacións e trámites administrativos a finais do pasado ano; e o acondicionamento dunha zona de esparexamento aberta ao mar, nesa contorna.

A actuación poderase materializar grazas a un acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cervo, que foi ratificado este mesmo mediodía no pleno extraordinario celebrado na Casa Consistorial.

Grazas a este convenio, a Xunta de Galicia aportará o 70% do orzamento con fondos do Plan Hurbe 2019-2022 que responde á necesidade de humanización das vilas e dos núcleos rurais para incrementar o seu atractivo como factor determinante do equilibrio territorial. O acordo materializarase en dúas anualidades, no 2022 e no 2023; e as obrigas financeiras do Concello de Cervo ascenden a un total de 161.011,37 euros.

Villares quixo agradecer á Xunta de Galicia a súa colaboración para poder levar adiante este ambicioso proxecto “no que levamos traballando moito tempo”; co obxectivo de acabar co feísmo, “reparando a panorámica da zona e de poñer en valor o Xacemento Arqueolóxico do Castro da Atalaia; reorganizando os accesos e percorridos, ademais de ampliar a área pública para facer labores de divulgación dos valores antropolóxicos e culturais; conseguindo humanizar toda a contorna”.

A sinatura deste acordo de cooperación é un paso máis para lograr ese fin; logo de que se aprobara definitivamente en febreiro deste ano o Plan Especial de Protección do Xacemento da Atalaia -inventariado por Patrimonio no 2007-, logo de acadar todos os informes administrativos favorables.

O plan, que delimita toda a zona afectada polo xacemento -20.000 m2-, regula os usos permitidos, compatibles e prohibidos sobre os elementos protexidos; e a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar; entre outros aspectos.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...