Recepción do Concello de Cervo ao C.D. San Cibrao polo seu ascenso a primeira de Galicia

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, recibiron esta tarde na Casa do Concello ao equipo e corpo técnico do C.D. San Cibrao que volve a Primeira Galicia logo de “callar unha fase de ascenso case perfecta, na que apenas sufriron unha derrota, colleitando catro triunfos e un empate nos últimos cinco partidos”.

O rexedor e o edil quixeron felicitar a toda a familia do C.D. San Cibrao por esta xesta que materializaron no Campo da Veiga, vencendo ao Muimenta por 3 a 0 e fixéronlles entrega dunha figura de cerámica de Sargadelos como felicitación polo ascenso “desexándolles moita sorte na vindeira tempada” na que militarán nunha categoría que coñecen ben e que recuperan logo do descenso sufrido no 2019.

Villares e Rodríguez quixeron tamén aplaudir o gran traballo feito polo outro club local a S.D. Candelaria “que asinou unha tempada excepcional e que pelexou ata o último día por ese mesmo obxectivo, chegando a vencer na casa ante o Meira, no derradeiro partido; “todo un orgullo para o noso Concello”, precisaron.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here