InicioOccidentalCervo'Camino del Mar' realiza a terceira etapa do Camiño de Santiago pola...

‘Camino del Mar’ realiza a terceira etapa do Camiño de Santiago pola costa norte de Galicia

O edil de Turismo, David Rodríguez, quixo felicitar á asociación por esta iniciativa "de poñer en valor e dar a coñecer o Camiño do Mar, un impulso importantísimo sen dúbida para Concellos como o noso, que nos permite dar a coñecer tamén os diferentes atractivos e potenciais turísticos e patrimoniais que atesoura Cervo".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Camino del Mar realizou esta fin de semana a terceira etapa do Camiño do Mar, cuxo desenlace tivo lugar no Concello de Cervo, en concreto no Parque Reina Sofía, en San Cibrao.

O edil de Turismo, David Rodríguez, recibiu aos peregrinos ao seu paso por Sargadelos e tamén estivo con eles no fin de etapa en San Ciprián. O edil quixo felicitar á asociación por esta iniciativa “de poñer en valor e dar a coñecer o Camiño do Mar, un impulso importantísimo sen dúbida para Concellos como o noso, que nos permite dar a coñecer tamén os diferentes atractivos e potenciais turísticos e patrimoniais que atesoura Cervo”.

Desde o Concello brindamos toda a colaboración a esta iniciativa, “co deseño dun selo propio que os peregrinos estrearon esta fin de semana nas súas credenciais e que representa ao Faro Punta da Atalaia, como unha das iconas do municipio; ademais de facilitar o transporte entre etapas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...