Tanxugueiras actuarán este domingo en San Cibrao dentro do ciclo de concertos do Xacobeo pola provincia de Lugo

Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.


O trío galego Tanxugueiras abrirá o próximo domingo en Cervo os Concertos do Xacobeo na provincia de Lugo, que ao longo dos vindeiros meses achegarán a distintos concellos artistas de primeiro nivel con diferentes estilos musicais.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que arrinca ás 21.00 horas na praza dos Campos de San Cibrao co espectáculo que ofrecerán as cantareiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dentro da súa xira Midas.

Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.

O acceso será libre e gratuíto. Arias apuntou que se escolleu un espazo aberto con facilidades de acceso “xa que se trata dun concerto moi agardado no que o público poderá desfrutar de dúas das formacións con maior proxección da escena musical galega”, que volverán actuar na provincia de Lugo da man do Xacobeo o 23 de setembro, nesta ocasión en Portomarín.

Arias destacou que “unha das prioridades da Xunta na planificación deste Xacobeo era descentralizar a oferta cultural e lúdica para que todas as comarcas se beneficien do dinamismo e o retorno económico que xeran estas actividades”.

Nese sentido, salientou que entre xuño e setembro “desenvolveranse concertos de diferentes estilos e para todos os públicos repartidos por numerosas localidades”, como Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo, Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Vilalba ou Portomarín.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here