Cervo elabora un plan de seguridade ante o concerto de Tanxugueiras para “evitar aglomeracións”

Recoméndase asistir ao concerto, que terá lugar o domingo ás 21:00 horas, na Praza dos Campos, con antelación; e estacionar fóra do núcleo urbano; na zona da Avenida da Veiga


Queda prohibido o tráfico rodado e o estacionamento desde a rotonda da Avenida da Mariña ata a Casa da Cultura, desde as 19:00 ata as 00:00 horas, do domingo 19 de xuño

Queda prohibida a circulación e o estacionamento nas Rúas Torno, Beiramar e Figueiras, durante todo o día e ata as 00:00 horas do domingo

Habilitarase unha entrada e saída para a veciñanza pola rúa dos Campos en dirección a rúa do Faro. Tamén se habilitará unha vía de tránsito para os vehículos de emerxencias e para a veciñanza, pola rúa Aduana.

Recoméndase asistir ao concerto, que terá lugar o domingo ás 21:00 horas, na Praza dos Campos, con antelación; e estacionar fóra do núcleo urbano; na zona da Avenida da Veiga

As medidas foron acordadas nunha reunión de seguridade na que participou o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a Garda Civil, a Policía Local e o responsable do GES.

Dada a afluencia de público que atraen as Tanxugueiras nos seus concertos, o que se pretende con estas medida é evitar aglomeracións e garantir o bo desenvolvemento da actividade cultural, que é de balde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here