InicioOccidentalCervoO servizo de socorrismo de Cervo xa está preparado na praia do...

O servizo de socorrismo de Cervo xa está preparado na praia do Torno en San Cibrao

A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo xa dispón de servizo de socorrismo municipal na Praia do Torno, en San Cibrao, a de maior afluencia de xente na tempada estival.

Desde este venres, e durante dous meses os socorristas velarán pola seguridade das persoas usuarias, de luns a domingo, en quendas de mañá e tarde.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente-alcalde Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron este mediodía un encontro con eles no propio areal no que desenvolverán as tarefas de protección da cidadanía.

FESTAS NA SENRA

O rexedor, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro.

A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...