Volve a Maruxaina con máis seguridade que nunca

O rexedor de Cervo di que se agarda "máis xente e moitas persoas con ganas de festa e de vivir a Maruxaina".

Desembarco da Maruxaina na repleta praia do Torno. PENÍNSULA DE LA PAZ/FACEBOOK

A festa da Maruxaina, que se celebrará o vindeiro sábado 13 de agosto en Cervo, contará para esta edición con “máis seguridade”, co fin de evitar o ocorrido en 2019, cando se gravou a mulleres ouriñando e, nalgún caso, subíronse as imaxes a páxinas pornográficas.

alcalde de Cervo, Alfonso Villares, comprometeu un maior operativo para ese día, facendo especial fincapé en que “como todos os anos” hai eventos neste concello, pero que este “é, probablemente, o máis multitudinario, o que máis xente reúne”.

“Agora xa case pasou a pandemia, están a recuperarse aqueles tempos de antes da pandemia. Espérase, por tanto, máis xente e espérase moitas persoas con ganas de festa e de vivir a Maruxaina”, sinalou.

Villares esgrimiu que “é máis que necesario establecer” este dispositivo. Neste caso, hai pendente unha reunión da Xunta Local de Seguridade “para ver os distintos medios de seguridade que se van dispor para ese día”.

Unha maior vixilancia que virá dada “a través dos corpos de seguridade do Estado, e tamén polos membros do Concello de Cervo, xa sexa a través da Policía Local ou dos GES”. “Tentaremos facer unha Maruxaina segura”, comprometeu Alfonso Villares, que advirte que “non hai que baixar os brazos e seguir traballando neste sentido”.

Aínda tres anos despois das gravacións de mulleres ouriñando, a investigación que leva un xulgado de Viveiro continúa, neste caso coa toma de declaración das vítimas. Quedan por comparecer unhas 20 do máis dun cento de mulleres que aparecen nestes vídeos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here