O Vicedo renova a súa web de turismo ofrecendo máis información sobre o concello e reforzando puntos como os lugares de interese

Aínda que a web acaba de ser renovada, os contidos iranse ampliando co tempo de cara a ofrecer unha información moito máis ampla sobre cada punto de interese.


Despois dun importante proceso de renovación, a web de turismo do Vicedo ven de ser posta ó día tanto en contidos como en deseño, para obter un aspecto moi moderno, en consonancia coas novas tendencias nas webs actuais. Os principais cambios estéticos afectan ao colorido, que segue as cores do lema turístico O Vicedo: Natureza Envolvente.

En canto aos contidos, foron reforzados aspectos como a ubicación dos diferentes elementos turísticos e, sobre todo, ampliouse a información práctica sobre o gran punto turístico do Vicedo na actualidade: O Fuciño do Porco. Neste apartado, ademais de todo o relativo á reserva de praza (nos meses de verán), dase infomación práctica sobre accesos, puntos a visitar, outras visitas cercanas, aparcadoiros, etc. Tamén hai un apartado de preguntas frecuentes.

Outra información moi importante é toda a relativa ás praias, miradoiros e puntos frecuentemente visitados polos turistas, ademais da información do patrimonio natural e histórico do municipio.

Finalmente, un apartado dedicado aos establecementos de hostelería de todo o concello, de cara a ofrecer información ao visitante á hora de preparar unha visita e atopar onde aloxarse e onde comer. Aínda que a web acaba de ser renovada, os contidos iranse ampliando co tempo de cara a ofrecer unha información moito máis ampla sobre cada punto de interese.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here