Presentada a Segunda Edición do Trail do Vicedo na praia de Caolín

Na presentación informouse que a participación será moi importante, pasando dos 450 inscritos, repartidos nas 3 disciplinas: Andaina, Trail 15k e Trail 28k. A inscrición pecharase este mércores 18 de maio ás 15h.


O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, presentou este luns 16 de maio ás 11h o Trail do Vicedo na emblemática praia de Caolín. Na presentación tamén participaron integrantes do Club Lar de Trail, Montaña e Sendeirismo, coorganizadores da proba, e de Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, falecida no mes de xuño de 2021, e á que está adicada esta edición do Trail, xa que foi unha das súas principais impulsoras na primeira edición de 2019.

Na presentación informouse que a participación será moi importante, pasando dos 450 inscritos, repartidos nas 3 disciplinas: Andaina, Trail 15k e Trail 28k. A inscrición pecharase este mércores 18 de maio ás 15h (a andaina xa está completa).

Tanto a andaina como o Trail 15k partirán das inmediacións do Fuciño do Porco, un dos emblemas turísticos do Concello de O Vicedo e o Trail largo sairá da zona de meta, situada este ano na Rúa do Porto. Outra das novidades deste ano é o trazado do trail largo, xa que pasará polo límite municipal e provincial, pegado ás pontes sobre o Río Sor. O trazado é moi técnico cun desnivel positivo de 1300m.

En canto á andaina e Trail curto, o percorrido é totalmente costeiro, pasando por lugares de tanta sona como o Fuciño do Porco, a praia de Area Grande, praia de Xilloi e praia de Caolín.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here