InicioCulturaA nai de Sabela: "o primeiro que me pediu foi o caldo"

A nai de Sabela: “o primeiro que me pediu foi o caldo”

A nai da cantante de orixe mariñá cre que a moza tardará en darse conta do acadado e de como motivou a boa parte da sociedade galega, incluso a moitos detractores de OT

Publicada o

- Advertisement -

Rematou o concurso de Sabela Ramil en Operación Triunfo (OT) 2018, un percorrido que lle serviu a cantante pontesa con raíces en Ourol para coarse na final do concurso musical e para enganchar un regueiro de seguidores, que gustaron da súa aposta.

Sabela foi quen de enganchar coa súa proposta -coas súas escollas- a moita xente que non seguía OT pero que gustou do seu talento e da súa personalidade, así coma da súa defensa da cultura e da lingua galegas nun espazo de máxima audiencia a nivel estatal.

Sabela escolleu tres cancións en galego, en momentos chave do concurso; unha para salvar a primeira nominación, outra para tentar coarse na final e outra para pelexar pola vitoria no concurso.

A súa nai, Mary Rivera é unha muller natural, que tende a desbotar o extraordinario. Así, resume o comportamento da súa filla con absoluta sinxeleza.

“Na música e noutros ámbitos da vida, non sairía ben nada forzado. Se non estás a gusto, non serve. Ela foi a OT con ganas de mellorar e coa intención de ser ela mesma, mantivo os seus valores humanos até o final. E mira, ao remate demóstrase que iso pode ser tamén dalgún xeito exitoso ou comercial”, resume.

Despois das primeiras tomas de contacto coa realidade fóra da academia, dase conta Sabela de como motivou a boa parte da sociedade galega? “Non. É demasiado axiña. Sabe, iso si, que chegou onde chegou grazas á xente. Pero pouco a pouco irase enterando”, asegura súa nai, que agradece “o apoio de tanta xente. Esperemos que ela poda devolver ese agradecemento en forma de música“, indica.

Aínda así, Rivera recoñece que nalgunhas cousas, a súa filla sorprendeuna. “Sabela é unha rapaza á que lle encanta o aire libre. Sabía que ía estar ben alí dentro, mesmo 93 días, porque cando fai algo é para facelo o mellor posible, non abandona. Pero non pensei que levaría tan ben a tremenda esixencia do programa“, indica.

ACTUACIÓNS NO SAN JORDI

A normalidade tardará en voltar á vida da cantante pontesa con raíces na Mariña. Os días 27 e 28 de decembro actuará no Palau Sant Jordi de Barcelona, na xira conxunta que farán os participantes de OT 2017 e 2018.

Tamén cantará coa súa profesora Rosa Cedrón na gala de Nadal, de OT. “Faille moitísima ilusión. Para ela é pechar un círculo”, sostén Rivera.

NOITEBOA EN BRAVOS

De momento, pasará a Noiteboa coa familia en Bravos, nunha velada “na que tentaremos que sexa o menos posible OT”, expón Rivera.

Sen embargo, pode que a cea do 24 teña tamén na casa dos Ramil-Rivera algo de extraordinario. “A primeira comida que mencionou foi o caldo. E se llo teño que facer en Noiteboa, fágollo”, ri a nai da cantante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...