Un ourolés, a prisión por fuxir tras atropelar a unha muller e dar positivo en alcol e drogas

A vítima, atopada inconsciente e con feridas na cabeza, está en estado moi grave na UCI do HULA

O accidente produciuse nas inmediacións deste cruce. AXM

A Policía Local de Viveiro e a Garda Civil de Burela detiveron a C. V. L., veciño de Ourol e de 52 anos de idade, como presunto autor do atropelo a unha muller de 67 anos de idade, S. S. M. E., en Viveiro.

O detido, que deu positivo nas probas de alcol e drogas e tiña unha sentenza firme de retirada do permiso de conducir, foi posto a disposición xudicial e, segundo fontes da Policía Local, vaise decretar o seu ingreso en prisión.

Os feitos aconteceron na noite do mércores, no punto quilométrico 3,400 da N-540. Os axentes atoparon á muller inconsciente e con feridas na cabeza. A vítima está hospitalizada na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), en estado moi grave.

DETIDO NO SEU DOMICILIO

Logo dunha acción coordinada entre a Garda Civil e a Policía Local, tres horas e media máis tarde localizouse ao condutor no seu domicilio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here