A Mariña concentrarase para apoiar a Sabela, que se xoga un posto en OT

A familia da moza de orixe ourolesa, nominada xunto a Marta, chama a participar nun acto convocado para o mércores en Viveiro

Sabela Ramil. RTVE

A familia da cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil convocou para este mércores unha concentración en Viveiro para que a moza poda continuar a súa andaina en Operación Triunfo (OT).

A convocatoria, aberta a quen desexe participar, está prevista para as 12.30 horas nos xardíns de Viveiro, onde se colocará unha pancarta para animar á vocalista de orixe ourolesa.

Sabela está nominada para abandonar a academia de OT e competirá por continuar no concurso con Marta.

CANTARÁ UNHA PEZA CUBANA

A única representante galega no programa xogarase na noite deste mércores (TVE-1, 22.30 horas), na gala 11 de OT, un posto na final do concurso.

A cantante pontesa elixiu para competir a canción ‘El cuarto de Tula‘, do célebre disco de música popular cubana ‘Buena Vista Social Club‘.

O voto do público será vital. A familia de Sabela chama aos mariñaos a apoiar á moza co seu voto nos teléfonos dispostos polo programa. Ademais, está a recadar fondos que gastará en mensaxes para manter á cantante no concurso.

FINAL

Tras saber cal das dúas nominadas abandona o concurso, o xurado de OT puntuará aos concursantes. O primeiro do ránking dos expertos pasará directamente á final, mentres que o segundo finalista será elixido polos profesores da academia.

Os catro participantes restantes esperarán á gala 12. O xurado elixirá un terceiro finalista e o público, ao cuarto e ao quinto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here