InicioPolíticaJosé Soto, edil en Cervo, será o número 2 da candidatura do...

José Soto, edil en Cervo, será o número 2 da candidatura do PP de Viveiro

A lista dos conservadores, con Jaime de Olano e Mariña Gueimunde nos últimos postos, renova as catro primeiras posicións e non contará co edil Celestino García

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Viveiro anunciou a súa candidatura completa para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio. O número 2 da listaxe dos conservadores viveirenses será o actual edil de deportes de Cervo, José Ramón Soto Martínez

O cabeza de lista, Óscar Rodríguez, asegura que se trata dunha listaxe “sólida e comprometida” e agradece a “boa sintonía” entre os seus integrantes e as achegas que están facendo todos os compoñentes da candidatura.

Na candidatura, aínda que moi afastados dos primeiros postos, están o candidato ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano, e a actual xefa territorial de Educación na Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde. Quen non estará na lista é Celestino García Paz, concelleiro na lexislatura que está a piques de rematar. 

A candidatura do PP viveirense é a seguinte: Óscar Rodríguez Blanco (1), José Ramón Soto (2), Teresa Pérez Rodríguez (3), Inma Nespereira Domínguez (4), Javier Teijeiro López (5), Antonio Lage Seara (6), Alicia Meitín Cordido (7), Vicente Vázquez Chao (8), Belén Corral Mera (9), David Piñeiro Rey (10), Valentín Mera Sánchez (11), Elena González Eijo (12), Magud Lara Aranda (13), Juan José Quelle Fra (14), María Luisa Soto Vázquez (15), Jaime de Olano Vela (16) e Marta Pérez Lage (17).

Felipe López Fernández, Carlos Martínez Fernández e Mariña Gueimunde serán os suplentes.

“REPRESENTA A VIVEIRO”

Rodríguez está convencido de que esta candidatura “é a que mellor representa a Viveiro e a que máis vai traballar para, unha vez no goberno municipal, desenvolver un proxecto de futuro centrado na veciñanza e na mellora da súa calidade de vida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...