Adry Ben métese na final dos 1.500 no Campionato de España sénior

O atleta viveirense clasificouse como primeiro da semifinal na que corría o favorito, Adel Meechal

Adry Ben, no centro. CEDIDA

O atleta viveirense Adry Ben segue a dar alegrías e na tarde do sábado clasificouse para a final de 1.500 metros lisos do Campionato de España sénior, que se celebra en Xetafe. O corredor mariñao desputará a final este domingo, desde ás 20.30 horas.

O viveirense clasificouse entre os mellores de España cunha exhibición de prestixio, pois gañou a serie na que corría o gran favorito, Adel Mechaal. Ben parou o cronómetro en 3.53.34.

A POR UN POSTO NO EUROPEO

Adry correrá este domingo polas medallas, pero tamén por un posto no Europeo sénior de Berlín, que se celebrará en agosto. O atleta viveirense acadou a marca mínima, pero o seu papel no Campionato de España pode ser crucial na decisión da Federación Española sobre a súa participación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here