IniciosociedadeO temporal cébase con Viveiro, que rexistra refachos de 183 km/h

O temporal cébase con Viveiro, que rexistra refachos de 183 km/h

A A-8 está cortada á altura do Alto do Fiouco.

Publicada o

- Advertisement -

O temporal ‘Fabien’, que afectou a Galicia ao longo deste sábado, deixou refachos de vento que superan os 140 quilómetros por hora en varias localidades galegas e mostrou a súa maior intensidade na localidade lucense de Viveiro, onde os refachos alcanzaron os 183,6 quilómetros por hora.

Así o poñen de manifesto os datos recolleitos polos sensores de Meteogalicia, que dan testemuño de ventos que excederon os 176 quilómetros por hora na cabeza de Manzaneda ou os 166 quilómetros por hora en Punta Candieira, en Cedeira.

Lugo rexistrou algúns dos valores máis elevados, ademais dos 183 de Viveiro, as estacións meteorolóxicas mediron ventos de 155 quilómetros por hora na montaña dos Ancares, en Cervantes, ou por encima dos 130 na Pontenova e Burela.

A-8 CORTADA

A cicloxénese explosiva tamén está a afectar a unha das principais autovías galegas. A A-8, que une Galicia co País Vasco, permanece cortada en Mondoñedo á altura de Alto do Fiouco, entre os quilómetros 536 e 552 para todos os vehículos excepto turismos.

Segundo confirmaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), o vento foi a razón que obrigou a cortar esta vía e activar o nivel vermello de alerta para todos aqueles automóbiles que non sexan turismos. Ademais, rexistráronse diversas incidencias puntuais (sobre todo árbores caídas) noutras estradas, pero as mesmas fontes explicaron que despois de resolvelas e restaurar as condicións das vías, recuperouse a normalidade da circulación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...