InicioEconomíaAlivio en Vestas trala renovación da metade dos cen eventuais da fábrica...

Alivio en Vestas trala renovación da metade dos cen eventuais da fábrica de Chavín

O comité valora as renovacións nun clima de incerteza "porque significan que hai carga de traballo"

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional danesa Vestas renovou a case a metade dos temporeiros -uns 110– que traballaron durante o último ano na fábrica de Chavín, boa parte dos cales remataban o seu contrato este venres.

Do arredor de 50 eventuais que quedarán na factoría, só dez terán por agora a condición de indefinidos e o comité de empresa descoñece cal é a duración dos novos contratos. En todo caso, o presidente do colectivo de traballadores, Jano Grandío, valora as renovacións “porque isto significa que hai carga de traballo”, sinala.

Os eventuais supuñan ata o de agora a metade do cadro de persoal de Vestas en Chavín, cuns 230 traballadores. Os temporeiros, que sacaron adiante a produción de paneis eléctricos para o control de turbinas, viviron con incerteza o anuncio de que a compañía pecharía a factoría de León, que consumía o 40% dos xeneradores eólicos fabricados en Viveiro.

Dada a perda de carga de traballo, planeou sobre a fábrica de Chavín a sombra dun peche que a empresa negou en varias ocasións. A continuidade da metade dos temporeiros disipa as dúbidas entre os traballadores, alomenos a curto prazo, sobre a deslocalización da produción.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...