Ferido leve un menor tras ser atropelado no centro de Viveiro

Non tivo que ser trasladado a centro hospitalario.

Avenida de Ferrol. GOOGLE MAPS

Un menor de idade resultou ferido leve tras ser atropelado por un vehículo á primeira hora da tarde deste domingo no centro da localidade mariñá de Viveiro. Segundo informou a Europa Press o 112 Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 15,00 horas na Avenida de Ferrol. Entón, un particular que presenciou o accidente chamou á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, o 112 pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local, que acudiron ata o lugar. Tamén informou a Protección Civil e aos bombeiros de Viveiro. Ademais, fontes deste dispositivo ratificaron a Europa Press que o menor resultou ferido leve, polo que nin sequera tivo que ser trasladado a un centro sanitario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here