InicioOccidentalViveiroO alumnado de viveiro saca os lapis de cores para difundir o...

O alumnado de viveiro saca os lapis de cores para difundir o Camiño do Mar

Os máis pequenos dos centros do Concello implícanse para a promoción desta variante do roteiro xacobeo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro segue loitando a prol da oficialización do Camiño do Mar, unha demanda que agora rexorde ante un ano Xacobeo dobre que vai gañando xa terreo conforme a vacinación avanza. No marco deste labor de promoción da ruta, o goberno local vén de poñer en marcha unha iniciativa nos centros de educación infantil e primaria do municipio co obxectivo de conseguir este novo recurso turístico.

A iniciativa vai polo nome de “Descubrindo o Camiño do Mar” e chegará a centros de educación infantil e primaria. En concreto, implicará o alumnado de infantil e 1º e 2º curso do EEI San Roque, o CEIP de Celeiro, o CEIP Lois Tobío, o Colexio Landro, o CEIP de Covas e o CEIP Santa Rita de Galdo.

A actividade, explican dende o Concello ten como eixo a utilización do Camiño do Mar como “ferramenta de aprendizaxe sostible” co obxectivo de difundir este traxecto entre a poboación. Deste modo, promóvese a “sensibilización e concienciación ambiental” e cultural da comunidade educativa, así como a promoción da conservación do patrimonio material natural e inmaterial.

“Arredor do Paseo polo Camiño do Mar, as nenas e nenos traballan aspectos como a importancia da biodiversidade do noso entorno, a necesidade do seu coidado e de manter as contornas naturais limpas”, explican dende o consistorio que agradece ao CEIP Lois Tobío e aos docentes do centro o traballo realizado para a creación da cartelería, trípticos e adhesivos que contribúen a difundir o Camiño do Mar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...