InicioOccidentalViveiroOs hostaleiros de Viveiro saen á rúa contra o "sinalamento" da Xunta

Os hostaleiros de Viveiro saen á rúa contra o “sinalamento” da Xunta

O concello mariñán vén de subir ao nivel alto de restricións, que implica menos aforamento en bares e restaurantes.

Publicada o

- Advertisement -

Nova mobilización dos hostaleiros de Viveiro contra as restricións da Xunta de Galicia impostas a raíz do aumento da incidencia sobre o concello mariñán. A asociación que congrega ao sector viveirense vén de convocar unha mobilización para última hora da tarde deste martes en defensa do sector e contra a “estigmatización” que, segundo apuntan, están a sufrir da man dos xestores da pandemia.

A convocatoria está marcada para as 20:00 horas deste martes e partirá da Praza Maior do Concello para logo rematar ante o edificio da Consellería de Pesca. A mobilización chega despois de que Viveiro ascendera ao nivel alto de restricións marcado pola Xunta, de xeito que as consumicións quedan restrinxidas ás terrazas, que funcionarán a só un 50% do seu aforamento.

Os hostaleiros enfrontan esta “estigmatización” da que culpan á Xunta pedindo, precisamente, ao ente autonómico que “cambie a súa forma de actuar” para evitar ese “sinalamento” do que, consideran, están a ser vítimas; xa que, segundo subliñan, o cumprimento das normas contra a covid é rigoroso dentro do sector.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...