O Deportivo volve a Viveiro para atopar futuras estrelas do fútbol

Nenos e nenas de entre 6 e 14 anos poderán inscribirse no "DéporCampus Cabreiroá"

Presentación do "DéporCampus Cabreiroá" / Concello de Viveiro

O campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C Deportivo da Coruña volverá celebrarse en Viveiro. O campamento está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, que poderán inscribirse nesta actividade ata o xoves 1 de xullo ás 12:00h.

“DéporCampus Cabreiroá” ofertarase entre o 5 e o 9 de xullo, algo que o Concello de Viveiro celebra, pois é dunha actividade que permite aumentar a oferta deportiva para os nenos do concello. Trátase dun dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, que xa se celebrara outros anos en Viveiro.

No acto de presentación da actividade participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, César Iglesias, o directivo do Viveiro C.F, Paco Rojo, directivo do Viveiro e Carlos Ballesta, en representación do RC Deportivo, entre outros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here