InicioOccidentalViveiroO delegado do Goberno deu o seu visto e prace ao edificio...

O delegado do Goberno deu o seu visto e prace ao edificio da Seguridade Social de Viveiro

O concello agradece a implicación do Goberno de Pedro Sánchez nesta infraestrutura.

Publicada o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, supervisou esta mañá a finalización da obra do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Viveiro.

O goberno municipal agradeceupublicamente ao goberno estatal por sacar adiante este gran proxecto, “a construción dun novo edificio do CAISS, máis amplo e céntrico que o anterior, que sirva para cubrir as necesidades existentes”. “Trátase dun proxecto que moito tempo atascado e para o que, no seu momento, o concello cedera os terreos necesarios para a súa construción”, indicou nun comunicado.

Así, salienta que sta edificación, que contribúe a humanizar unha zona na que xa se concentran outros servizos públicos, como a Policía Nacional ou Correos, non prestará servizo só aos veciños de Viveiro, senón tamén aos municipios limítrofes, tratándose, polo tanto, dun servizo moi necesario.

Miñones estivo acompañado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o director provincial do INSS, Juan Rodríguez Gude. Tamén asistiron á visita outros membros do equipo de goberno e o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Óscar Rodríguez Blanco; o voceiro do Grupo Municipal de Por Viveiro, Bernardo Fraga Galdo; a voceira do  Bloque Nacionalista Galego, Miriam Bermúdez García, e o concelleiro non adscrito, Luis Manuel García Otero.

O delegado do Goberno en Galicia aproveitou a visita para manter unha reunión de traballo co goberno municipal sobre temas pendentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...